InicioSucesos"Cada cincuenta metros temos unha árbore, é imposible retirar todo"

“Cada cincuenta metros temos unha árbore, é imposible retirar todo”

O rexedor da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, explica que a prioridade foi deixar os pasos abertos – En Becerreá, o seu homólogo Manuel Martínez denuncia que quedan uns 170 veciños sen luz

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos da Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo colaboran para despexar as estradas municipais na Fonsagrada e Becerreá, dous dos concellos máis afectados polas nevaradas do sábado e o domingo, e onde aínda quedan núcleos sen subministro eléctrico.

A Fonsagrada

Inquirido polas críticas acerca da descoordinación nas tarefas de limpeza, o alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, afirmou que “é imposible retirar todo” por mor da vexetación que caeu sobre as vías e os cables. O socialista lembrou que a Xunta non cumpriu coa responsabilidade de prevención, deixando sen rozar e podar as marxes das estradas.

“Cada cincuenta metros temos unha árbore”, comentou Fernández Queipo antes do pleno provincial. O actual vicepresidente da Deputación explicou que os efectos da neve foron máis severos porque as árbores aínda non se desprenderon da folla, acumulando máis peso ata crebar os troncos. “De momento habilitouse o paso, e a partir de agora estamos co traballo sistemático de limpezas para que, no prazo máis curto posible, poidamos ter circulación sen problemas”.

Na Fonsagrada queda máis dun cento de persoas sen subministro eléctrico. Aos 30 dos que informa Viesgo nun comunicado da compañía, Fernández Queipo engadiu os 87 que trasladou o responsable local de Vegasa. “Cónstame que en Fenosa (actual Naturgy) están no mesmo senso, traballando para que ao longo do día de hoxe se poida repoñer o servizo a todas as persoas”.

Becerreá

O rexedor de Becerreá, Manuel Martínez | Óscar Bernárdez
O rexedor de Becerreá, Manuel Martínez | Óscar Bernárdez

Máis contundente foi o alcalde de Becerreá, o independente Manuel Martínez. “Preocúpanos que seguimos a ter moitos puntos sen luz por rotura dos cables, Fenosa ten pobos sen luz e os veciños están enfadados”. O antigo responsable de Vías e Obras da Deputación estima en cento setenta as persoas sen subministro eléctrico en dúas parroquias, en especial na zona de Cancelada, no límite con Navia de Suarna. Observou que a situación é compartida coa liña que percorre Triacastela e Baralla.

“Falamos de economías familiares, veciños que levan tres días sen luz, cos prexuízos que iso ocasiona”. O alcalde de Becerreá precisou que estes prexuízos son dobres, para as familias “que teñen un conxelador cos medios para comer durante bastante tempo”, e asemade para os animais, pois trátase “dunha zona con pouca auga, na que teñen que bombear auga ás explotacións para que o gando beba”.

Na procura de reparacións, Martínez asegurou que “Fenosa [sic] colle o teléfono cando lle parece”, polo que esixe á corporación Naturgy e a Xunta que “se interesen para tratar de solucionar o que para unha zona rural é un problema grave”, así como para paliar as perdas económicas derivadas dos cortes da luz.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...