InicioSucesosFerido grave un ciclista atropelado na Fonsagrada

Ferido grave un ciclista atropelado na Fonsagrada

Sucedeu pouco antes das oito da mañá – O ciclista atropelado foi evacuado en estado grave ao Punto de Atención Continuada da Fonsagrada

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a un ciclista que sufriu lesións graves despois de ser alcanzado por un vehículo na Fonsagrada.

Segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias (Axega), o suceso aconteceu pouco antes das oito desta mañá, cando o condutor dun vehículo se puxo en contacto co 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para un ciclista que acababa de atropelar.

Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais sanitarios, axentes da Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil, que foron desprazados ata a LU-701, preto do límite con Asturias.

Tras recibir os primeiros auxilios no lugar do accidente, o ciclista foi evacuado, inicialmente, ao Punto de Atención Continuada da Fonsagrada.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...