InicioSociedadeMobilización no Bierzo para darlle status cooficial ó galego

Mobilización no Bierzo para darlle status cooficial ó galego

"Ignorar o galego nas institucións sería un grave incumprimento da lexislación lingüística", avisan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Continúan as mostras de achegamento entre a Comarca do Bierzo e a lingua e cultura galegas. A última demostración desta proximidade vén de poñela o Colectivo Cultura Fala Ceibe do Bierzo cunha proposta ó Consello da Comarca para darlle un status de cooficiliadade á Lingua Galega. Segundo explican nun comunicado, o Consello Comarcal “ten aberto o período de alegacións do seu Regulamento”, unha circunstancia aproveitada pola plataforma para propoñer o “recoñecemento expreso” do “bilingüismo berciano.

Esta puntualización vén dada porque, segundo sinalan dende a asociación, “xa existe un recoñecemento legal” de dito bilingüismo a través do Estatuto de Autonomía de Castela e León e da propia Lei da Comarco Bierzo, na que se estipula que a lingua galega “gozará de respecto e protección nos lugares en que habitualmente se utilice. Ante estes fundamentos xurídicos, dende Fala Ceive instan ó Consello Comarcal a “admitir ese bilingüismo administrativo de xeito expreso no seu articulado”, xa que ignorar o galego na actividade política e administrativa sería un grave incumprimento da lexislación lingüística internacional, española e autonómica, ademais dunha falta de respecto aos bercianos galegofalantes”.

Dende a Fala Ceive xustifican a inclusión do Galego como lingua vehicular da administración atendendo a un artigo da Lei de bases do réxime local de 1985, que apunta que as corporacións “facilitarán a máis ampla información sobre a súa actividade”. “Disto deducimos que esa obliga de ‘a máis amplia información’ pódese exercer mellor en varios idiomas”, subliñan dende a plataforma antes de destacar que “no caso do Bierzo débese practicar o uso administrativo das dúas linguas con recoñecementos legais”.   Esta nova mobilización en favor do recoñecemento da lingua e cultura galega no Bierzo chega semanas despois de que veciños do Bierzo agrupados na plataforma A Quinta pedirán integrarse en Galicia como unha nova provincia, tal e como publicou Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...