InicioSociedadeO frade do Cebreiro alega consentimento e nega a versión do mozo...

O frade do Cebreiro alega consentimento e nega a versión do mozo implicado

O frade do Cebreiro, que afronta ata 17 anos de cadea por abuso sexual, di que descoñecía a idade da xove e que nada aconteceu co mozo discapacitado

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – Redacción | Na primeira declaración no xulgado, o frade do Cebreiro insistiu en que descoñecía que a rapaza coa que mantivo relacións fose menor de idade, e rebatiu a declaración do xove do que supostamente tentou abusar, asegurando que na declaración deste “non hai ningunha cousa que sexa verdade”. José Quintela admitiu que “aínda que non é perdoable nin xustificable”, o que fixo estivo motivado pola depresión que sufría.

A Fiscalía pide para o frade do Cebreiro 17 anos de cadea por abusos sexuais e pornografía con menores. Na súa defensa, José Quintela explicou este martes que sempre houbo consentimento coa moza, que contaba 16 anos cando a coñeceu, e que segundo o Ministerio Público ten un “coeficiente intelectual moi próximo a unha capacidade intelectual límite”. O monxe argumentou que descoñecía que fose menor porque era difícil deducilo polo seu físico e “pola forma de vivir”, pois era “moi independente”.

Así mesmo, o acusado di que nada aconteceu co primo da vítima, un xove con minusvalía psíquica do 40 por cento e discapacidade intelectual leve, que como consta no escrito da Fiscalía “lle impide posuír un xuízo crítico suficiente”. Supostamente, o frade do Cebreiro realizou tocamentos e tentou penetralo, aspectos que o investigado nega.

Durante as preguntas da Fiscalía, o frade do Cebreiro alegou que estaba “só todo o día” e “moi deprimido”, atribuíndo os contactos coa entón menor ao estado anímico. Admitiu, porén, que o comportamento “non é perdoable nin xustificable”, que se sentía “desubicado” e que, logo de cada encontro coa moza se “afundía máis”.

Reconstrución dos feitos

O frade franciscano contradiciu os aspectos delitivos recollidos no informe da Fiscalía. Recoñeceu que mantivo relacións coa moza en varias ocasións na sacristía, e alomenos outras dúas veces na casa familiar de Trives. Aliás, declarou que foi a rapaza a que se achegou a el, co gallo de axudar nos traballos do santuario, e que sempre houbo consentimento. Incluso, expuso Quintela, “non era a única persoa que estaba con ela”, indicando que a vítima quedaba con outros homes.

Sobre a acusación do mozo con discapacidade psíquica, que levara á casa supostamente para “ir de festa” a cambio de cartos, o frade do Cebreiro desmentiu a versión da Fiscalía. Segundo o relixioso, levouno a Trives para non quedar a solas coa rapaza, negando en todo momento que tentara abusar del.

A defensa adiantou a vontade de “libre absolución” do acusado, que mantivo dende o inicio das pescudas que as relacións foran consentidas. Así mesmo, a representante legal do frade pediu a anulación do delito de pornografía, porque o escrito de acusación recolle que literalmente “se sacaban fotos”.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...