InicioAncaresPiden 116.000 euros e prisión a dous veciños de Pedrafita por facer...

Piden 116.000 euros e prisión a dous veciños de Pedrafita por facer un churrasco que rematou en incendio

A Xunta denunciounos ao entender que fixeron un churrasco nun alpendre cando había "risco alto" de incendio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home e unha muller, veciños de Pedrafita, na zona do Padornelo, enfróntanse a dous anos e medio de prisión e ao pago dunha indemnización de case 116.700 euros, como presuntos autores dun delito de incendio imprudente, e serán xulgados este martes na sala do Penal 1 de Lugo.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, os feitos ocorreron na tarde do 18 de agosto de 2019, cando os procesados realizaron unha queima de restos de poda nunha especie de galpón na súa vivenda do Padornelo, co fin de obter unhas brasas coas que ían asar alimentos.

Este lume realizouse nunha especie de alpendre con paredes e teito de formigón, no chan e sen máis protección que un cerco de ladrillos, sen adoptar “as medidas de prevención esixibles para evitar a produción de incendios”.

A esas horas, a temperatura estaba preto de 28 ºC, a humidade relativa non superaba o 50 % e había refachos de vento de ata 19 km/hora, polo que había “un risco de incendio alto“. Precisamente, unha das pavesas do lume foi levada polo vento ata unhas leiras propiedade dos acusados e orixinouse un incendio.

As chamas afectaron a 18,5 hectáreas de pasto e monte baixo, nuns superficie considerada espazo natural protexido, por formar parte da Rede Natura e da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses. Aínda que non houbo danos persoais, o lume chegou a poucos metros dun núcleo de poboación, “existindo perigo real para o mesmo”.

A Xunta mobilizou diversos efectivos de extinción e o incendio quedou apagado case dous días despois. O custo deses labores ascendeu a algo máis de 111.000 euros, aos que hai que sumar o impacto erosivo no terreo, por uns 5.600 euros.

Por estes feitos, a Fiscalía considera aos acusados autores dun delito de incendio imprudente, e pide para cada un deles a pena de 2 anos e medio de cárcere, e o pago dunha multa de 2.880 euros. Así mesmo, reclama que ambos indemnicen conxunta e solidariamente á Xunta en 116.694 euros pola extinción das chamas e o impacto erosivo.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...