InicioSociedadeA neve volve provocar restricións ao tráfico en Pedrafita

A neve volve provocar restricións ao tráfico en Pedrafita

A provincia de Lugo é a máis afectada polas nevadas das últimas horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A neve caída nas últimas horas en Galicia dificultou a circulacion na mañá deste domingo en estradas do interior, principalmente nas provincias de Ourense e Lugo. Aínda que as vías ourensás recuperaron certa normalidade cara ao mediodía, as provinciais lucenses LU-533 e LU-633 aínda manteñen restricións ao tráfico, segundo o mapa de incidencias da Dirección Xeral de Tráfico (DGT).

En concreto, na LU-633, a neve e o xeo provocaron cortes intermitentes entre os quilómetros 0 e 27, no municipio de Pedrafita do Cebreiro. Ademais, está restrinxida a circulación a camións e vehículos articulados. En canto á LU-533, a meteoroloxía adversa condiciona a circulación con cortes intermitentes en ambos os sentidos o punto quilométrico 43, á altura de Mundín, concello de Chantada.

Así mesmo, na provincia de Ourense, a Garda Civil informou que cara ao mediodía normalizouse a situación nas estradas. Ao longo da mañá, a DXT solicitou a circulación con precaución debido á neve en varios puntos das vías provinciais OU-112, OU-240, OU-531 e OU-540. Ademais, sufriu dificultades a A-52 a partir do quilómetro 173, na zona das Estivadas, no municipio de Cualedro; e a N-525, entre Cualedro e Trasmirás.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...