InicioSucesosMorre un home ao quedar atrapado debaixo do tractor en Pedrafita

Morre un home ao quedar atrapado debaixo do tractor en Pedrafita

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home faleceu este venres en Pedrafita do Cebreiro despois de quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba nunha leira no lugar de Coterces.

Segundo informou o 112 Galicia, os efectivos do GES de Becerreá e os Bombeiros de Sarria tiveron que empregar o material de excarceración para liberar ao home accidentado e que fose atendido polo persoal sanitario que, a pesar de mobilizar un helicóptero medicalizado, non puido facer nada por salvarlle a vida.

Os feitos tiveron lugar sobre as 9,10 horas deste venres e foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para alertar do accidente, indicaron as mesmas fontes. Tras ter coñecemento, por parte do CIAE 112 solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Sarria, do GES de Becerreá e da Garda Civil.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...