Do Cebreiro a Compostela: o camiño de inspiración para cinco poetas estranxeiros

Trátase da primeira residencia literaria itinerante e ten por obxectivo actualizar a temática xacobea.

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu a cinco poetas, que estarán na residencia Uxío Novoneyra / Concello de Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu a cinco poetas, procedentes de distintos países, que están a desenvolver a primeira residencia literaria itinerante Uxío Novoneyra para actualizar a temática xacobea. Talatá Rodríguez dende Bos Aires; Fátima Delgado dende Madrid; Luiza Fernandez, do Brasil e Diego Horschovski, dende Arxentina, e Demián Rabilero, dende Cuba, chegaron ata Galicia para facer a pé os 154 quilómetros a Compostela dende O Cebreiro.

A Fundación Novoneyra estabeleceu como un dos obxectivos desta iniciativa actualizar a temática xacobea. Durante a viaxe, os poetas escribirán sobre os seus pasos e compartirán as súas creacións en centros educativos do Camiño.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here