InicioPolíticaO alcalde de Pedrafita, crítico con Darío Campos e Lara Méndez

O alcalde de Pedrafita, crítico con Darío Campos e Lara Méndez

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo Magdalena, entrou tamén no debate sobre o futuro presidente da Deputación de Lugo. Raposo, afín a Pedro Sánchez, tamén aspira a ser deputado provincial e nos últimos días teriase posicionado en contra da candidatura de Darío Campos porque no seu equipo “hai xenteque non actuou ben nos últimos anos”.

“Posiblemente non sexa Darío o que estorbe aí”, dixo Raposo a Efe, “pero pode haber no seu equipo xente que se cadra non o fixo como o tiña que facer”, indicou. En todo caso, o rexedor de Pedrafita recoñeceu que nestes momentos está “standby”, á espera de que o partido tome unha decisión en relación coa lista definitiva de deputados provinciais e con respecto ao candidato á presidencia da Deputación, dado que hai dous aspirantes recoñecidos; o presidente en funcións, Darío Campos, e o alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé.

Quero un bo candidato, que faga o mellor para a provincia de Lugo”, engadiu Raposo Magdalena, quen confía en que ese será o perfil “do que resulte elixido”. Un candidato que designará Santiago e Madrid e non os militantes da provincia de Lugo, onde os apoios están moi divididos na provincia pero nos que Darío Campos suscita moitas máis simpatías que Tomé.

Por iso, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, pide que a cidade conte tamén cun representante na deputación, dado que achega “o 52% dos votos socialistas” polo Partido Xudicial. Lugo cidade posicionase, claramente, do lado de Darío Campos.

Un posicionamento que non comparte Raposo que tamén lle lembrou que a lista provisional de deputados decídese en función dos apoios cultivados na propia circunscrición, que aglutina 22 municipios. Ademais, lembra, a decisión definitiva está en mans da Comisión Federal de Listas de PSOE. Unha comisión que podería decidir que non sexa Darío Campos o presidente.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...