Cortada a LU-P-3508 en Navia de Suarna por desprendementos

Por mor das fortes choivas, parte da ladeira cedeu e caeron pedras na estrada preto do núcleo de Murias, en Navia de Suarna

Desprendementos en Navia de Suarna | Deputación de Lugo
Desprendementos en Navia de Suarna | Deputación de Lugo

A estrada provincial LU-P-3508 no Concello de Navia de Suarna, no núcleo de Murias, permanece cortada ao trafico por desprendementos. A Deputación de Lugo informou de que, debido á intensidade das choivas producidas durante a semana, parte da ladeira cedeu e caeron pedras ao firme que obrigaron a cortar a circulación.

A institución provincial mobilizou as empresas encargadas da conservación da área de Navia, para executar as pertinentes labores de limpeza e desescombros. Os traballos na LU-P-3508 prolongaranse a longo de toda a xornada.

Coa esperanza de poder abrir a estrada no menor tempo posible, estanse a empregar tanto medios humanos como técnicos, pois é precisa a intervención de maquinaria pesada para a retirada dos escombros que se atopan no vial. 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here