Morre un home en Navia de Suarna por un accidente cortando árbores

Os servizos de emerxencia mobilizaron un helicóptero medicalizado ata a Montaña, pero os intentos de reanimación foron en van

Un home perdeu a vida no termo municipal de Navia de Suarna mentres talaba no monte | Turismo de Galicia
Un home perdeu a vida no termo municipal de Navia de Suarna mentres talaba no monte | Turismo de Galicia

Un home faleceu este mércores no concello de Navia de Suarna debido a un accidente mentres cortaba árbores no monte.

Segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias (Axega), pasadas as 18.30 horas da tarde, o 112 Galicia era informado de que unha persoa sufrira un percance e podería necesitar un traslado de urxencia.

O persoal sanitario dispuxo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, que foi desprazado ata o centro de saúde de Navia de Suarna. Mentres, o Centro Integrado de Atención de Emerxencias mobilizou aos axentes da Garda Civil.

Por desgraza, e malia os intentos de reanimación, os facultativos tan só puideron confirmar o falecemento desta persoa.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here