InicioSociedadeNavia de Suarna entrégase ao sabor da androlla

Navia de Suarna entrégase ao sabor da androlla

Este concello da Montaña celebra o vindeiro domingo, 23 de febreiro, a XXX Festa da Androlla, coa que esperan reunir unhas 2.000 persoas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concello lucense de Navia de Suarna espera recibir este domingo, 23 de febreiro, a visita dunhas 2.000 persoas con motivo da XXX Festa da Androlla.

Durante esta celebración poranse á venda máis de 1.000 quilos deste produto. “Todos os anos se superan as cifras de vendas”, salienta o alcalde de Navia, José Fernández.

O programa de actividades comezará ás 10:00 horas cuns pasarrúas. Ás 10:30 dará inicio a festa coa apertura dos expositores.O peche da xornada será ás 18:00 da man dun grupo de gaitas.

A Deputación de Lugo colabora con esta festa de exaltación da androlla cunha achega de 3.000 euros.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...