InicioAncaresManuel Martínez e Pachi Vázquez, dous ex socialistas de pedigrí en busca...

Manuel Martínez e Pachi Vázquez, dous ex socialistas de pedigrí en busca de marca política

Non hai acordo, polo momento, para ir conxuntamente baixo unha mesma lista electoral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Pachi Vázquez, ex conselleiro e Manuel Martínez, ex vicepresidente da Deputación de Lugo comparten un pasado común como insignes socialistas, e tamén pode que futuro. Un foi ex secretario xeral e o outro membro da Executiva en Lugo, pero agora os dous están na procura doutra gran marca política que os poña no mercado.

O alcalde de Becerreá, deputado provincial non adscrito e presidente de Suplusa, recoñeceu que mantén “boa sintonía” con quen foi secretario xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, pero nas eleccións locais de maio concorrerá coas súas propias siglas.

Martínez precisou que xa ten aprobados os estatutos para presentar a candidatura en Becerreá e está á espera de recibir luz verde aos que formalizou para crear un partido de ámbito provincial. A súa intención é presentar “listas en varios municipios” da provincia, co obxectivo final de loitar por conseguir un deputado provincial no Partido Xudicial de Lugo, unha meta que el mesmo recoñece que é “difícil”, pero en ningún caso “imposible”.

Con respecto á posibilidade dunha alianza con Pachi Vázquez, recoñeceu que si houbo conversacións e negociacións, porque entre ambos existe “boa sintonía”, pero tamén aclarou que esa confluencia non se producirá nas municipais. Así, deixou a porta aberta, en calquera caso, a que iso ocorra noutras convocatorias, como nas próximas eleccións autonómicas.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...