Detido por estafar 45.000 euros con instalacións de auga e gas en Becerreá

A Garda Civil imputa un delito de estafa e outro de falsificación documental a un home detido en Becerreá denunciado trala contratación de varias instalacións

Axentes da Garda Civil

A Garda Civil detivo en Becerreá a un home buscado por estafar máis de 45.000 euros con instalacións de gas e auga sen rematar. O individuo está acusado dos delitos de estafa e falsificación documental.

A detención produciuse contra as 15.00 horas deste mércores, cando o Instituto Armado localizou a esta persoa, denunciada pola contratación da instalación de dous depósitos e a reparación da traída da auga.

O sospeitoso, aproveitando a confianza da vítima, colleu 15.000 euros por adiantado para fins alleos á obra, pola que cobraría máis de 45.000 euros, chegando a falsificar unha das facturas emitidas.

Efectivos da Garda Civil investigan se este individuo é o responsable doutra estafa en Becerreá na que foi empregado o mesmo modus operandi. A vítima entregou 10.000 euros en efectivo e por adiantado para a instalación do gas e a substitución do quentador, obra que carecía da seguridade pertinente.

En ningún dos casos rematou as obras. O detido pasará a disposición xudicial para responder dos feitos que se lle atribúen.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here