InicioAncaresBecerreáAs mulleres de Lugo na primeira guerra carlista

As mulleres de Lugo na primeira guerra carlista

Helena González de Bisagras de Papel reflexiona sobre o papel que as mulleres xogaron e xogan, nesta e noutras guerras. Nesta historia que se desenvolve entre Fonsagrada, Becerreá, Baleira e Lugo, as mulleres son simples figurantes. Todo xira en torno ó "Señorito",

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hai unhas semanas, cando consultaba os libros parroquiais da Fonsagrada, contei máis de vinte homes que foran  “afusilados” por facciosos, entre os anos 1835 e 1838.  Eran mortes  que querían ser exemplares e disuadir ó campesiñado  de unirse ás partidas carlistas, que operaban na zoa.

faccioso, facciosa
persoa que pertence a un bando ou facción; expresión utilizada na época para referirse ós carlistas

No medio de todas esas defuncións, topei unha que me chamou especialmente a atención.

Tratábase de María López, dona que foi de Manuel Alvárez Fernández alias señorito, veciña de Bullán, que falece o vintecatro de xaneiro de mil oitocentos trinta e cinco.

Quen era esa misteriosa muller? Intuía que o seu home non era un ninguén. “ O señorito de Bullán”, alcumado así por tener raíces na localidade becerrense de Bullán resultou ser un dos líderes das partidas carlistas, que actuaban na zoa oriental de Galicia.

Que facía esa muller na Fonsagrada? Estaría a correr a mesma sorte doutras mulleres de combatentes,  nesta sanguenta guerra civil de principios do  S.XIX?

A súa partida de defunción dicía que só lle administraran o sacramento de penitencia e non máis por non haber lugar. Que querría dicir exactamente ese “por non haber lugar”? Non lle darían a comuñón, por non estar consciente? Ou sería para infrinxirlle un castigo maior?

Supomos que era unha devota cristiá, que non cristina, que non había de rexeitar este sacramento.

Sentín un certo desacougo por esa defunción que non daba detalles… Aparentemente non a fusilaran, como  fixeran coa nai de Cabrera. Aínda así as preguntas amoreábanse na miña cabeza. Cales foron as circunstancias exactas da súa morte? Violentaríana?

Ó seu home “o Señorito”,  cazárono dous anos máis tarde no lugar de Xestoso, en Baleira, en marzo de 1837. 

A cabeza do carlista foi exposta no centro da cidade de Lugo, como un trofeo.

O boletín que informa da súa captura e morte, conta como os gardas nacionais arrodearon a casa onde estaba Manuel Alvárez Fernández alias “o señorito de Bullán”, tres facciosos e a moza do primeiro. Seica o señorito, vivía agora viúvo, en concubinato!

O relato segue con tiros cruzados e a morte de Manuel Alvárez dun balazo, cando saía da casa, con só a camisa posta. O mesmo para o outro faccioso. Os outros dous, di o parte, capturáronos para ser pasados polas armas, o día seguinte. E que foi da moza do “señorito”?

Silencio sepulcral, de novo.

Dela nada se conta. É  un elemento totalmente accesorio nesta historia. Podería figurar na lista de material aprehendido á gavela de facinerosos. Imaxinade!!!

Material incautado: dúas carabinas, unha pistola, dúas capas, un cabalo, unha egua, a roupa e a moza do cabeza e unha carteira con papeis.

Xa sabedes! As mulleres non contaban nas guerras, aínda que participasen activamente nelas. Ou anque as padecesen e as padezan en primeira persoa, polos séculos dos séculos. Amén

É case imposible seguir o rastro dos nosos padecementos.

[ Do blog Bisagras de Papel ]

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...