Inquedanza pola desidia da Xunta á hora de protexer as covas da cantería

Adega teme que o goberno galego deixe pasar o prazo para protexer legalmente a Cova de Eirós, o importante xacemento na provincia de Lugo ameazado pola cantería

Traballos na Cova de Eirós / terraeantiqvae.com
Traballos na Cova de Eirós | terraeantiqvae.com

A asociación ecoloxista Adega recorrerá perante os xulgados se a Xunta de Galicia incumpre os prazos para a declaración de Ben de Interese Cultural da Cova de Eirós, o xacemento que conserva as primeiras evidencias de arte rupestre paleolítico do noroeste peninsular. Trátase dunha obriga legal, mais existe o temor de que a administración galega prime os intereses da canteira de Cementos Cosmos e deixe caducar o expediente, que expira o 10 de abril, o que deixaría desprotexida a coñecida como a Altamira galega.

A desidia do goberno autonómico supón un risco para os senlleiros grupos de covas da provincia de Lugo, coma as Covas de Vale, entre Baralla e Láncara, fogar de especies únicas, restos arqueolóxicos e rexistro dos cambios climáticos do pasado.

Acceda a Xornal de Lemos para saber máis da Cova de Eirós

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here