InicioSucesosUn falecido trala colisión entre un turismo e un camión en Baralla

Un falecido trala colisión entre un turismo e un camión en Baralla

Un home de avanzada idade perdeu a vida debido a un accidente de tráfico na N-VI ao seu paso pola parroquia de Pacios, en Baralla, no lugar da Valiña

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de avanzada idade faleceu este luns a consecuencia dun accidente de tráfico na N-VI en Baralla. Os servizos de emerxencia desprazados ao lugar da Valiña, en Pacios, só puideron certificar o seu pasamento.

A colisión entre o turismo e un camión bañeira foi a causante do sinistro, e foi precisa a colaboración dos Bombeiros de Sarria e o GES de Becerreá para a excarceración do finado. Estes medios foron mobilizados tralo aviso a central do 112, ás 14.11 horas.

Nun primeiro momento, os efectivos sanitarios valoraron mobilizar o helicóptero medicalizado dende Ourense, pero o doente perdeu a vida antes de poder despregar a unidade aérea. Así o confirmaron os bombeiros desprazados xunto coa Garda Civil de Tráfico.

Os especialistas precisaron empregar as herramentas de excarceración para liberar o corpo sen vida do home, atrapado no interior do vehículo.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...