InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta consideraría incorporar variantes "que respecten a autenticidade" do Camiño

A Xunta consideraría incorporar variantes “que respecten a autenticidade” do Camiño

O conselleiro de Cultura asegura sobre o Camiño que "todas as ideas son benvidas" pero advirte de que "o Xacobeo non é un capricho"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno autonómico non pecha a porta a novas incorporacións no trazado do Camiño de Santiago. Así se deduce das declaracións do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, logo de ser preguntado pola ruta por Muros e Noia. O responsable da Xunta explicou que toda consideración pasa pola “base histórica e cultural”, interesante perspectiva de rematar con éxito a investigación acerca da Vía Künig.

Despois de advertir de que “o Xacobeo non é un capricho”, Rodríguez dixo que “todas as propostas son benvidas” e convidou a que “toda Galicia se implique”. Así as cousas, a Xunta contemplaría novas incorporacións ao trazado oficial baixo a condición de respectar “a autenticidade histórica” do Camiño.

A Vía Künig é unha variante do Camiño Francés que vira por Pedrafita cara As Nogais, Becerreá, Baralla e O Corgo, para pasar pola cidade de Lugo. Esta alternativa conta con abundante evidencia documental e toma o nome da guía do século XV escrita polo monxe alemán Künig, editada en cinco ocasións entre 1495 e 1521.

 

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...