Por que os veciños de Baralla teñen que sufrir o monopolio de Telefónica?

Unha antena para captar o sinal da Televisión / El Confidencial Internet

A situación de monopolio de Telefónica no Concello de Baralla chegou ao Parlamento galego. A deputada socialista Concepción Burgo criticou a negativa do PP a romper o monopolio que mantén esta multinacional na conexión de internet no Concello de Baralla.

Por iso, presentou unha proposición non de Lei que foi rexeitada polo PP, que considerou “electoralista” a defensa da deputada do dereito legal dos veciños e veciñas do concello a cambiar de operadora de telecomunicacións. A parlamentaria luguesa acusou ao PP e ao goberno galego de “defender os beneficios da empresa” coa que, lembrou, o goberno galego mantén campañas de publicidade sobre o achegamento de internet ao rural.

“Estamos para defender os dereitos dos cidadáns”, dixo e sinalou neste sentido a “diferenza abismal” entre os socialistas e o interese do PP de salvagardar os intereses empresariais a toda costa. A responsable socialista acusou ao PP de “negarse a obrigar a Telefónica – Movistar a que cumpra coa Lei e garanta os dereitos dos veciños de Baralla só quedan satisfeitos coa ampliación das liñas telefónicas que lles dean acceso a Internet e teléfono por cable” a pesares das subvencións que veñen de concederlle a esta empresa. Explicou que a operadora está obrigada pola Lei 9/14 Xeral de Comunicacións e pola Orde 1973/16.

MONOPOLIO

A falla de conexións para este caso concreto, dixo, a empresa “actúa como un monopolio” ao dispor de tódalas liñas, obrigando aos veciños usuarios a “contratar tódolos servizos que a empresa queira” penalizando a empresas e particulares para os que a única alternativa é optar por unha conexión por satélite “con menos datos e unha conexión de baixa calidade”.

Burgo lembrou que esta Lei Xeral de Telecomunicacións garante o dereito dos usuarios a dispor de conexión coa rede pública de telecomunicacións por internet en solo urbano, algo que está a incumprir a empresa coa conivencia do PP e o goberno galego. Lembrou que a Asociación para a Modernización Tecnolóxica de Galicia –Amtega-, que debera velar por este tipo de situacións, deixou 12 millóns de euros do seu orzamento sen gastar en 2018.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here