InicioAncaresQueres aprender a ser un emprendedor nos Ancares?

Queres aprender a ser un emprendedor nos Ancares?

Os participantes poderán afondar un pouco máis nas súas ideas empresariais e comparar experiencias que lles axudarán a analizar a viabilidade dos seus proxectos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Distintas persoas aprenderan estes días a mellorar os seus proxectos empresariais. Será no VI Campus de Emprendemento Sostible da Deputación e nun entorno privilexiado, aa Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses.

Durante os vindeiros días, os participantes coñecerán a viabilidade dos seus proxectos e recibirán asesoramento técnico, económico, comercial ou medio ambiental para a súa posta en marcha. Explicaranse os principais elementos a ter en conta á hora de crear unha empresa, así como os instrumentos que contribúen a unha boa idea empresarial, como identificar as oportunidades de negocio.

Durante os tres primeiros días, as xornadas serán carácter máis teórico. Así, ata o vindeiro mércores, 27 de marzo, os participantes recibirán formación especializada sobre viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira das súas ideas empresariais.

COÑECENDO EMPRESAS

A parte práctica celebrarase o xoves 28, co percorrido que os emprendedores realizarán ao longo de todo o día por distintos negocios de éxito establecidos en diferentes Concellos da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Estas empresas están enfocadas a diferentes actividades, co denominador común de manter prácticas respectuosas co medio ambiente. Con esta experiencia, os participantes poderán afondar un pouco máis nas súas ideas empresariais e comparar experiencias que lles axudarán a analizar a viabilidade dos seus proxectos.

Segundo apunta a Deputacijón de Lugo, unha vez finalizado o campus, os emprendedores contarán con titorías de asesoramento personalizadas, coas que poderán continuar o traballo iniciado, para poñer en marcha as súas ideas de negocio.

PRAZAS

Todas as persoas interesadas nos seminarios que se están a celebrar no Concello de Cervantes para os emprendedores da zona dos Ancares Lucenses, aínda poden facer a súa solicitude de inscrición a través da web da Deputación, www.deputacionlugo.com, cubrindo o formulario en http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/ou chamando ao 982 227 813.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...