InicioAncaresQueres ver en persoa os grandes achados das covas de Eirós, Valdavara...

Queres ver en persoa os grandes achados das covas de Eirós, Valdavara e Valiña?

Esta nova mostra esta enmarcada dentro da II Xornada de divulgación do patrimonio Arqueolóxico lucense, e pode verse ata o 31 de marzo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Museo Provincial de Lugo exhibe unha colección temporal con pezas únicas das covas de Eirós (Triacastela), Valdavara (Becerreá) e Valiña (Castroverde). Unha mostra que está enmarcada dentro da II Xornada de divulgación do patrimonio Arqueolóxico lucense, e pode verse ata o 31 de marzo.

A colección contén materiais orixinais, reproducións, paneis explicativos así como material das tres covas, aínda que destaca a mostra de materiais da Cova Eirós tralo seu nomeamento como Ben de Interese Cultural. Así, amósanse restos do Paleolítico Medio cunha selección de pezas líticas en seixo e cuarcita, así como material óseo con evidencias de acción antrópica do Paleolítico Superior con material lítico e reconstrución e remontaxe da explotación dun núcleo sobre prisma de cuarzo e dunha das puntas de proxectil.

Ademais da arte moble (colgante decorado), do Neo-Calcolítico a través do mundo simbólico e funerario coa exposición de restos humanos e dun colgante, e do mundo medieval.

Da cova da Valiña poden verse materiais conservados no Museo Provincial de Lugo desde a súa descuberta en 1962. Son principalmente restos óseos de fauna adscrita ao Paleolítico Superior: oso das cavernas, reno, cervo, cabalo e bisonte. E da cova de Valdavara hai imaxes e textos explicativos.

RESTOS DE 100.000 ANOS

A exposición conta tamén cun texto introdutorio sobre as tres covas lucenses e outras cavidades calcarias de Galicia que nos falan da importancia do seu estudo como espazos de refuxIo para animais e grupos humanos prehistóricos; ademais de rexistrar a historia xeolóxica da súa formación, a evolución das condicións paleoambientais, conservan moitos restos dende fai, cando menos, 100.000 anos.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...