Denuncian unha nova agresión con vertido de residuos na necrópole megalítica máis grande de Becerreá

É a segunda agresión ao patrimonio en menos dun mes que se produce na zona.

Dous montes de esterco danaron unha das mámoas máis importantes dos Ancares / Patrimonio dos Ancares

O Colectivo Patrimonio dos Ancares denuncia unha nova agresión patrimonial, nesta ocasións, na necrópole megalítica do Chao do Marco, na parroquia de Fontarón (Becerreá), a máis grande do concello, con case trinta metros de diámetro, e a primeira das catalogadas no municipio nos anos noventa do pasado século XX, e tamén a máis coñecida.

Nun comunicado, esta entidade di que sobre a mámoa despositaron dous camións de esterco de granxa de polos e que os camións deixaron as rodeiras sobre o túmulo. Tamén denuncian que sobre o xacemento hai rodeiras de tractor para cargar o esterco e levalo para abonar outros terreos. “Isto ocasionoulle ao enterramento uns sucos considerables. É como se o fixeran a propósito xa que hai terreo de abondo para descargar o esterco. Pero non, foron a depositalo xusto sobre a mámoa”, apunta.

Debido á gravidade agresión, o Colectivo Patrimonio dos Ancares presentará este luns denuncia ante Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (Seprona), ademais de dirixirse ao Concello de Becerreá por se o feito poidera vulnerar algunha norma urbanística xa que nun espazo protexido está totalmente prohibido o depósito de materiais.

Tamén solicitaralle ao Concello que informe se se solicitou permiso para tal acción. Os Concellos que non conten con Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), como é o caso do de Becerreá, teñen que consultar o Plan Básico Autonómico (PBA), obrigatorio para os Concellos que non dispoñan do devandito plan.

A finais do pasado mes de febreiro esta entidade denunciou a destrución e agresión a nove mámoas por labores de tala e repoboación forestal. Neste caso tamén solicitaron a Patrimonio que se impoña sanción por falta grave o que pode conlevar unha multa que oscila entre os 6.000 e 150.000 euro

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here