InicioSociedadeA Montaña lucense experimentou cinco sismos, acadando magnitude 3

A Montaña lucense experimentou cinco sismos, acadando magnitude 3

Os tremores afectaron á contorna da cabeceira dos Ancares e á serra do Courel, con certa intensidade, aínda que sen efecto na vida cotiá

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) captou durante a fin de semana cinco sismos na Montaña lucense. Entre as magnitudes 1.9 e 3 –un nivel relativamente intenso, abondo para poder sentilo na distancia–, os epicentros situáronse en tres localidades dos Ancares e outra do Courel. Afortunadamente, non tiveron incidencia.

Os movementos sísmicos comezaron o sábado en Triacastela. Ás 11.34 horas, un tremor de magnitude 2,5 deu o primeiro aviso da activación desta zona, na que os sismos son habituais. O movemento desprazouse contra o norte, e xa na noite do sábado, a localidade volveu tremer con magnitude 2,2, ás 23.35 horas, dende 6 quilómetros de profundidade.

Decontado, tres minutos despois, chegou o máis intenso. O epicentro rexistrouse no sur de Baralla, cun tremor que dende 23 quilómetros de profundidade acadou 3.0 puntos de intensidade.

Un cuarto de hora máis tarde tocoulle a Becerreá, moi próximo en magnitude, con 2.9 puntos. E finalmente, entrando no domingo, a cadea de sismos acadou As Nogais, que rexistrou un movemento terrestre de 1.9 puntos.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...