InicioAncaresO BNG pide "garantías" ante o macroparque eólico proxectado nos Ancares

O BNG pide “garantías” ante o macroparque eólico proxectado nos Ancares

Demanda ao Goberno que protexa os espazos ambientais da zona.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A viceportavoz do BNG no Parlamento de Galicia, Olalla Rodil, reclamou, ante a Subdelegación do Goberno en Lugo, que o Estado “garanta as máximas garantías ambientais” no proxecto eólico bautizado como Levante e que afecta a varios concellos da zona da montaña.

A nacionalista explicou que este plan impulsado por Greenalia comprende municipios como Triacastela, Baralla, Baleira e Pol. O parque ten máis de 50 megawatts proxectados, en concreto 106,4, e por iso está a ser tramitado polo Executivo central.

“Desde o BNG queriamos reclamarlle ao Goberno que ten que garantir as máximas garantías ambientais. Cónstanos que hai moita preocupación entre os veciños destes concellos”, constatou. Rodil esgrimiu que son “espazos naturais que están recollidos nas Reservas da Biosfera das Terras do Miño e tamén dos Ancares lucenses”, polo que “a sociedade galega ve con moita preocupación que hai un ‘boom’ eólico depredador”.

“Queremos garantías ambientais, queremos tamén que exista unha protección da principal actividade económica destes lugares, que é a actividade agrogandeira, e tamén reivindicamos un modelo eólico diferente que reverta os beneficios que xera a potencia eólica e a potencia eléctrica que é Galicia”, subscribiu.

Rodil, ao amparo do Observatorio Eólico, profundou en que “os datos din que de cada 100 euros que gaña unha empresa como Greenalia e outras empresas que invisten en parques eólicos en Galicia, só cinco euros reverten no territorio”. “Iso non pode ser porque é un roubo e un espolio”, condenou finalmente a parlamentaria do BNG por Lugo.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...