InicioSociedadeSae a exposición pública un novo parque eólico con 19 muíños sobre...

Sae a exposición pública un novo parque eólico con 19 muíños sobre os Ancares

A construción dos aeroxeradores vén acompañada da instalación dunha subestación eléctrica colectora, liñas de media tensión subterráneas e de alta tensión aéreas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de someter a exposición pública un novo proxecto de parque eólico promovido pola empresa Greenalia e que contempla a instalación de 19 muíños de vento de 180 metros de altura sobre a comparca dos Ancares. En concreto, o parque afectaría os concellos de Triacastela, As Nogais, Becerreá, Baralla, Baleira e Pol.

Entre a información que recolle o BOE destácase que o proxecto, chamado Parque Eólico Levante, contará cunha potencia eléctrica bruta de 106,4 MW e de 5.600 kW de potencia nominal unitaria. A instalación dos aeroxeradores virá acompañada da construción dunha rede subterránea de media tensión de evacuación de 30kV, dunha subestación colectiva SET e dunha liña de alta tensión a 132 kV que conectará coa colectora do parque eólico de Ventisca.

O proxecto ten un orzamento de 111.324.279,58 euros, e segundo tamén recolle o BOE, existe un tramo no que a liña de tensión eléctrica será subterránea e non áerea xa que atravesa unha etapa do Camiño de Santiago. Desde este sábado ábrese o prazo de 30 días hábiles en que calquera persoa ou colectivo pode presentar alegacións contra o proxecto.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...