InicioAncaresDescobre as árbores máis particulares da provincia de Lugo

Descobre as árbores máis particulares da provincia de Lugo

A Deputación presenta unha obra que analiza en detalle doce exemplares dos Ancares e O Courel.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, acollerá este luns a presentación do libroÁrbores e formacións senlleiras da contorna dos Ancares e do Courel, elaborado polo catedrático da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio Rigueiro.

O acto será ás 19,30 horas no salón de actos do pazo e será aberto ao público, de modo que poderán asistir gratis todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man esta nova publicación na que colabora a Deputación. Esta obra inclúese nas monografías do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), no marco da serie ‘Cadernos da Estación Científica do Courel’ que edita a USC.

O libro ofrece información detallada das 12 árbores e formacións incluídos na actualidade no catálogo galego de árbores singulares, dúas das cales foron recentemente descatalogadas, así como oito que se consideran merecedores de formar parte do listado –tres xa propostos–.

Ademais, no último apartado inclúense 16 exemplares non documentados ata o momento como sinal inequívoco de que “cun traballo de campo máis exhaustivo novas árbores e formacións singulares serían atopados nestas terras”, destaca a Deputación.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...