O delegado do Goberno destaca a “boa coordinación” dos equipos de vialidade invernal en Galicia

Do 15 ao 18 de novembro actuaron 34 quitaneves, con consumo de 1.156,5 toneladas de sal e 185.500 litros de salmuera.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, visita os medios do Plan de Vialidad Invernal. DELEGACIÓN DO GOBERNO

delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, destacou que a coordinación dos equipos do Plan de Vialidade Invernal posto en marcha polo Executivo estatal para facilitar a circulación en estradas galega foi “moi boa”, tanto a nivel Galicia como en Asturias e Castela e León.

Así o sinalou este venres durante a súa visita ao centro de conservación de Pedrafita do Cebreiro (Lugo), onde valorou a resposta deste plan ante o fenómeno adverso de nevadas que se rexistrou entre os días 15 e 18 de novembro.

Na súa intervención, Losada cualificou de “exemplar” a reacción coordinada dos medios de conservación do Ministerio de Fomento, os técnicos do Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste e da Dirección Xeral de Tráfico e os axentes da Agrupación de Trafico da Garda Civil, para garantir unha circulación segura nas vías afectadas.

Durante este tres días, segundo indicou, só se aplicaron restricións aos vehículos pesados dunha forma preventiva, e limitadas ás zonas máis elevadas da rede nas provincias de Lugo e Ourense.

MEDIOS

No que respecta aos medios, do 15 ao 18 de novembro actuaron 34 quitaneves, con consumo de 1.156,5 toneladas de sal e 185.500 litros de salmuera. A Agrupación de Tráfico da Garda Civil concentrou o groso da súa actividade na montaña de Lugo. Nesta zona despregáronse 96 axentes en 42 vehículos.

Ademais, efectuáronse 278 auxilios na estrada, atendendo a 47 usuarios bloqueados e a 74 vehículos embolsados para evitar maiores problemas nas vías.

En concreto, o Estado despregou en Galicia desde o pasado 1 de novembro un total de 95 máquinas quitaneves e conta con 20.400 toneladas de sal almacenadas e unha capacidade de máis de 3,1 millóns de litros en depósitos de salmuera. Tamén destina 306 persoas para o mantemento destas estradas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here