InicioA UlloaOs lumes cébanse agora coa provincia de Lugo

Os lumes cébanse agora coa provincia de Lugo

Máis de 50 hectáreas queimadas en dous incendios en Muras e Palas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio forestal permanece activo este martes no termo municipal de Muras (Lugo) logo de queimar unhas 20 hectáreas de superficie, mentres que outro rexistrado este luns no concello lucense de Palas de Rei está controlado despois de arrasar unhas 35 hectáreas.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume de Muras declarouse na parroquia do Burgo e afecta provisionalmente a unhas 20 hectáreas de superficie. Nesta mesma parroquia tivera lugar outro incendio de grandes proporcións hai unha semana polo que non se descarta que teñan sido provocados.

Mentres, na parroquia de Pambre, en Palas, sobre as 19,18 horas deste luns declarouse un incendio que queimou unhas 35 hectáreas. Para controlar as chamas foron mobilizados catro axentes, 10 brigadas, catro motobombas e cinco helicópteros.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...