InicioCulturaLugo acolle a mostra do 25.º aniversario do Camiño Francés como Patrimonio...

Lugo acolle a mostra do 25.º aniversario do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade sen resolver o papel da vía Künig

A mostra itinerante da Xunta de Galicia ofrece unha retrospectiva sobre o Camiño Francés co gallo da declaración de Patrimonio da Humanidade durante o Xacobeo 93

PUBLICADA O

- Advertisement -

A exposición itinerante que conmemora o 25.º aniversario da inclusión do Camiño Francés no Patrimonio Mundial da Unesco trasládase a Lugo, antes de visitar Palas de Rei e Sarria. Organizada pola Consellería de Cultura e Turismo e procedente do concello lucense de Portomarín, onde pechou as portas o domingo, a mostra fotográfica realiza unha retrospectiva sobre este fito que, no contexto do Xacobeo 93, supuxo “un punto de inflexión” na peregrinación a Compostela.

Nas vindeiras semanas, a mostra itinerante poderá visitarse na cidade de Lugo, na Delegación Territorial da Xunta. A continuación, o conxunto das fotografías será trasladado ata Palas de Rei. Sarria será o cuarto municipio que recibirá esta exposición, na que foron invitados a participar todos os concellos desta Ruta Xacobea. A mostra púidose contemplar por primeira vez no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) o pasado mes de decembro, coincidindo co acto conmemorativo deste aniversario.

A vía Künig, un debate pendente

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, mantivo unha xuntanza cos alcaldes da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, para anunciar unha “intensa colaboración” por parte do goberno autonómico durante o 2019 coa vista posta no Xacobeo 21, eixo programático do executivo de Alberto Núñez Feijóo. Así as cousas, a Mancomunidade, a Sociedade de Xestión do Xacobeo e a Xunta teñen opinións dispares sobre a incorporación de variantes ao trazado oficial do Camiño de Santiago.

Logo de ser preguntado pola ruta alternativa por Muros e Noia, o responsable do departamento de Cultura explicou que toda consideración pasa pola “base histórica e cultural”, interesante perspectiva para a Vía Künig. Esta variante do Camiño Francés vira por Pedrafita cara As Nogais, Becerreá, Baralla e O Corgo, para pasar pola cidade de Lugo.

A vía, actualmente baixo investigación e avalada pola Xunta en tempos de Manuel Fraga, conta con abundante evidencia documental. Toma o nome da guía homónima do século XV, escrita polo monxe alemán Künig, e editada en cinco ocasións entre 1495 e 1521.

Gómez Vila: “Non hai ningunha montaxe, a Vía Künig funcionou na Idade Media”

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...