InicioSociedadeDezasete anos de cárcere e cinco de liberdade vixiada para o parricida...

Dezasete anos de cárcere e cinco de liberdade vixiada para o parricida de Monterroso

Malia entender que non había intención previa de matar o pai, a Audiencia considera que P.L.L actuou "consciente" e rexeita o falecemento por un golpe accidental. A sentenza por delito de homicidio tamén inclúe unha indemnización de 2.500 euros para o seu fillo, que presenciou os feitos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a 17 anos de cárcere o home de Monterroso que matou a golpes a seu pai, de 79 anos e enfermo, en marzo de 2018.

O tribunal considera probado que o acusado lle propinou á vítima patadas e puñadas “de forma voluntaria e sendo consciente de que tales golpes lle podían causar a morte”, segundo indica a sentenza. Nela tamén se recolle que o condenado insistiu con máis gollpes “cando [o pai] xa estaba no chan”.

Estas conclusións baséanse nas probas practicadas e, en particular, no testemuño do médico forense, que rexeitara que o falecemento do ancián se producise por un golpe fortuíto e illado, tal como aseguraba a defensa do acusado.

O xurado chegou á convicción de que o sospeitoso carecía de intención previa de acabar coa vida de seu pai, pero considerou que debía de ser consciente de que coa violencia empregada podía matalo.  Ademais, tívose en conta o testemuño da psicóloga do Imelga para considerar acreditado que o condenado era “consciente dos seus actos” a pesar de ter inxerido alcol.

INDEMNIZACIÓN PARA O SEU FILLO

Por todo isto, a Audiencia condena o acusado, P.L.L., veciño de Monterroso, a 17 anos de prisión por un delito de homicidio. A maiores, ao ter en conta a agravante de parentesco, tamén lle impuxo cinco anos de liberdade vixiada e o pagamento dunha indemnización de 2.500 euros ao seu fillo, que daquela contaba con catro anos e que presenciou os feitos.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...