Outras vilas de Lugo que seguen o exemplo do Agrocuir da Ulloa

A primeira edición do festival 'Viveiro con Orgullo' reivindicará a diversidade sexual neste concello da Mariña lucense. Será durante esta primeira semana de setembro.

A edil de Cultura en Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega, co cartel do festival. AXM

Os organizadores do Agrocuir da Ulloa contaban nunha reportaxe do LX o importante que para eles era servir como modelo a outros festivais de diversidade sexual que se celebren en vilas pequenas. A última das incorporacións lucenses a este tipo de eventos foi o concello mariñao de Viveiro, onde esta primeira semana de setembro chega o ‘Viveiro con Orgullo’.

Na mesma liña ca o Agrocuir da Ulloa, estoutro festival tamén procura fuxir “do Orgullo comercial, cuns eslogans e iconas moi concretos, para visibilizar as realidades máis concretas de xente que se sinte diversa en moitos aspectos”. Será unha cita familiar e educativa que acollerá unha chea de actividades dende o día 1 ata o 7 de setembro.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here