InicioA UlloaAlerta no rural: 2.000 explotacións poden pechar polos ataques de lobos

Alerta no rural: 2.000 explotacións poden pechar polos ataques de lobos

É a denuncia que fai a asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Asperfasa) e o Sindicato Labrego Galego (SLG).

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario da Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Asperfasa), Andrés Saavedra, alertou este luns do risco de peche que pende sobre “2.000 explotacións” gandeiras galegas polos ataques dos lobos.

Saavedra compareceu en rolda de prensa acompañado da secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, para anunciar accións reivindicativas ante estes ataques da fauna salvaxe e a falta de resposta por parte das administracións.

Deste xeito, o secretario de Asperfasa tachou a situación de “desesperante e alarmante”. “Os danos cada anos son máis cuantiosos, tanto do lobo como do xabaril”, constatou. Ademais, puxo o acento en que as poboacións de xabaril e lobos “seguen crecendo en Galicia e os danos aínda máis”. “O lobo está a pór en perigo o peche de 2.000 explotacións (gandeiras) en Galicia”, reiterou.

Pola súa banda, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego anunciou mobilizacións conxuntas, o 8 de maio, e apuntou que “se van a tentar sumar máis apoios”. Vilalba finalmente avisou que a “superpoboación do xabaril está a chegar ao nivel de praga en toda Galicia”. “Os ataques son constantes, levantando prados. Cada vez fan máis dano”, sostivo para pedir a intervención das distintas administracións co fin de combater estas “pragas”.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...