InicioA UlloaMonterrosoMonterroso prohibe regar e lavar o coche pola seca

Monterroso prohibe regar e lavar o coche pola seca

"Aquí abastecémonos no río Ulla e nunca tivo uns niveis tan baixos", lamenta a alcaldesa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Monterroso prohibiu a rega e o lavado de coches coa fin de atenuar a seca e que recupere o caudal do río Ulla, que é onde se abastecen.

A alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas, explicou que “hai un mes sacouse un bando prohibindo o uso da auga da traída sen que fose para uso humano”, ao que agora súmase esta medida. “Aquí abastecémonos no río Ulla e nunca tivo uns niveis tan baixos”, lamenta.

A pesar da “gravidade” da situación, no municipio aínda non se levaron a cabo cortes de auga nin limitacións de subministración, aínda que Rocío Seijas confesa que llo expuxeron “a semana pasada como medida extraordinaria”. No entanto, celebrou que as “condicións meteorolóxicas destes días si que benefician ao abastecemento de auga, e notouse no caudal do Ulla”.

A alcaldesa de Monterroso acreditou que “os veciños din do río, que pasa pola área recreativa da Penela, que nunca lembran o Ulla con tan pouco caudal” na zona do encoro. Precisamente, A Penela que é unha “área turística e para goce dos veciños e úsase moito”.

Este é outro municipio máis da provincia de Lugo que presenta problemas pola seca, sumándose a Castro de Rei, Taboada ou Ferreira de Pantón, entre outros.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

A nave calcinada de Mazoi “non tiña licenza de actividade” nin a solicitou segundo o Concello de Lugo

A nave de reciclaxe da parroquia de Mazoi, alugada pola empresa Contemar, que resultou...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...