InicioPolíticaOs socialistas de Antas de Ulla acusan ó Partido Popular de irregularidades...

Os socialistas de Antas de Ulla acusan ó Partido Popular de irregularidades nos orzamentos

A voceira do PSOE advirte dun posible conflito de intereses nas contas municipais e de partidas infladas con fondos autonómicos e estatais que o concello de Antas de Ulla nunca obtivo. Os impostos veciñais aumentan ata os 800.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

Logo de analizar as novas contas promovidas polo goberno de Antas de Ulla, o grupo socialista denunciou a suba de impostos municipais e irregularidades na elaboración e a  fiscalización dos orzamentos. A voceira do PSOE local e deputada provincial, Pilar García Porto, asegurou que o aumento na carga fiscal é consecuencia da débeda acumulada polo Concello nos últimos anos, e advertiu de que o investimento real será menor do aprobado, pois varias partidas son ficticias. E segundo a mesma agrupación, tampouco haberá subvencións «transparentes» para os colectivos locais.

O Partido Popular de Antas de Ulla fixo valer a maioría absoluta para aprobar uns orzamentos que aplica subas no IBI, ata os 573.000 euros, e no imposto para vehículos, que ascenderá a 100.000 euros. En total, a presión fiscal acadará preto dos 800.000 euros, unha medida que segundo o Partido Socialista servirá para asumir a débeda do Concello, equivalente a 467 euros por habitante.

Segundo deu a coñecer García Porto, os orzamentos inclúen graves irregularidades. A persoa nomeada para elaborar e fiscalizar as contas é a dona do rexedor Javier Varela, «unha situación anómala que podería desencadear un conflito de intereses ou de incompatibilidade de funcións», avisan dende a oposición. Alén disto, os socialistas avisaron de que existen partidas opacas e ficticias que distorsionan o investimento real de Antas para o vindeiro exercicio, e que carecen de subvencións nominativas para a colaboración cos colectivos veciñais e culturais.

Devanditas irregularidades afectarían en primeiro lugar á empresa municipal EPICA, «encargada da venda dos terreos coñecidos como os bens de Barbalde» e da que non existiu constancia do seu presuposto antes de incluílo nas contas municipais «nun órgano que non é o competente».

Outro aspecto denunciado é a partida de 3,4 millóns de euros que figura dende hai seis anos nos orzamentos, supostos fondos para a residencia de mariores e a traída de augas nunca executados, procedentes da Xunta e do Estado para o Plan de Investimento no Rural, que xa non está en vigor. Estes cartos servirían «para inflar un orzamento totalmente incerto», avisou García Porto, quen lamentou que se desbotaran as propostas da oposición para rebaixar o IBI ao mínimo legal, facilitar o pagamento fraccionado e bonificar a pensionistas e titulares das explotacións gandeiras.

ÚLTIMAS

Baixa o paro en Lugo un 2,1% en abril

O número de parados rexistrados nas oficinas galegas dos servizos públicos de emprego baixou en...

Collen a un condutor coa taxa máis alta de alcol no que vai de ano, cinco veces máis do permitido

A Policía Local de Lugo interceptou este fin de semana a un condutor que quintuplicaba a taxa...

O BNG denuncia que a Xunta “siga marxinando” a Lugo, ao non reclamar un xulgado específico de violencia de xénero

O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, considerou como "unha nova marxinación" á cidade o anuncio...

O Concello de Rábade prepara un “reacollo estable” para os 13 membros da familia cuxa casa resultou calcinada

O Concello de Rábade ultima os trámites para poder ofrecer unha "reacollo estable" aos 13 membros,...