InicioSociedadeImportante baixada de casos na provincia

Importante baixada de casos na provincia

Hai 38 casos menos que hai un día.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os datos feitos públicos este martes pola Consellería de Sanidade confirman a tendencia á baixa no número de novos contaxios diarios de Covid en Galicia, que se sitúan en 156, cando hai xusto un mes, o 7 de agosto, o número de casos novos confirmados era de máis de mil, e seguen descendendo tamén os casos activos da enfermidade.

Así, segundo a información notificada polo Sergas (con datos solicitados ata as 18,00 horas do luns), nas últimas horas confirmáronse 156 novos contagios por este coronavirus, o que supón 38 casos menos que os notificados a xornada anterior.

Por áreas, as novas infeccións descenden en todas, excepto A Coruña, Vigo e Santiago, que rexistran lixeiros incrementos. Pola contra, a área de Lugo rexistrou 25 contaxios, que son 38 menos que hai un día. Deste xeito, os casos activos baixan a 1.140 (81 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

No que respecta á presión hospitalaria, nas últimas 24 horas non se produciron cambios substanciais, aínda que baixaron lixeiramente as cifras de camas ocupadas, tanto en UCI como en ‘planta’.

Así, mentres que hai 144 enfermos en unidades convencionais de hospitalización (9 menos que hai un día), hai outros 46 pacientes en unidades de coidados críticos (dous menos), deles 4 en Lugo e outros tantos na área de Santiago.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...