InicioA UlloaAs residencias da terceira idade, novo motivo de enfrontamento entre PP e...

As residencias da terceira idade, novo motivo de enfrontamento entre PP e PSOE

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo está disposta a ir ata o final na “guerra” aberta polas residencias da terceira idade que esta entidade quere abrir ao longo deste ano. “Garantizamos a apertura das residencias da Deputación pesares das trabas do PP de Lugo e da Xunta de Galicia”, dixo con contundencia o Voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos Ramos.

Unhas declaracións que chegan logo das realizadas polo Delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e pola voceira do PP de Lugo na Deputación, Elena Candia, que puñan en dúbida que esas residencias poidan abrirse este ano. “Con Elena Candia facendo oposición ao Goberno desde SUPLUSA, con Balseiro facendo oposición á Deputación de Lugo, na Xunta de Galicia, e apoiados e dirixidos ambos os dous por Feijóo dende a Xunta de Galicia; o Goberno da Deputación vai abrir  as residencias da terceira idade”, insistiu Santos.

Ademais, criticou que o modelo polo que aposta o PP é por “un modelo absolutamente privatizado“. “De feito, en vez de crear novas residencias públicas e ofertar novas prazas, optan por dar uns poucos cheques a dependentes para acceder a centros de ámbito privado. Este é o seu modelo”, destacou.

Bloqueo constante do PP

O voceiro do Goberno explicou que o que está a acontecer desde hai moitos anos é que o Partido Popular se opón “por todos os medios que ten á súa disposición” a que as  residencias da Deputación podan funcionar. “Primeiro fíxoo retrasando os permisos das que se puxeron en marcha e agora faino desde SUPLUSA, coa súa maioría no Consello de Administración, torpedeando todo o relativo a residencias da terceira idade”, suliñou.

“A Xunta de Galicia non puxo nin un miligramo de esforzo para que os veciños de Lugo puidesen ter máis prazas de residencia. É máis, puxo toneladas de esforzo para que a Deputación non puidese por en marcha residencias que vai poñer en marcha, lle guste máis ou menos ao Partido Popular”, concluíu.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...