InicioSociedadeBaixan os casos en Lugo pero mantense a presión hospitalaria

Baixan os casos en Lugo pero mantense a presión hospitalaria

Dúas persoas máis precisaron ingresos hospitalarios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de contaxios detectados en Galicia descende ata os 566 –continúa por baixo do milleiro–, mentres que se mantén tamén o das infeccións activas, que baixan ata as 13.495 –560 menos que a xornada anterior–. Pola contra, a presión hospitalaria volve incrementarse, con 337 persoas hospitalizadas por covid, 14 máis. A taxa de positividade tamén baixa ata o 10,9%.

Concretamente na área de Lugo, segundo recolle o último balance da situación epidemiolóxica publicado pola Consellería de Sanidade na mañá deste luns, a presión hospitalaria aumenta lixeiramente ao contar cun total de 41 persoas ingresadas –dúas máis–. Dela, 34 están en planta (+2) e sete en UCI (sen cambios).

CASOS ACTIVOS E CONTAXIOS

Os casos activos manteñen a tendencia descendente en todas as áreas sanitarias e en Lugo  baixan nun total de 114 na última xornada, de maneira que sitúa o número de infeccións activas en 1.361.

No conxunto de Galicia foron confirmados 543 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica). Por áreas, na Coruña foron 46; en Ferrol; 52; en Lugo, 50; en Ourense, 46; en Pontevedra, 44; en Santiago, 40 e en Vigo, un total de 165.

Por tanto, as persoas contaxiadas de Covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden a 171.014 en Galicia, deles 40.504 na área da Coruña e Cee; 35.619 na de Vigo; 25.021 na de Santiago e Barbanza; 20.536 na de Ourense; 20.620 na de Pontevedra e O Salnés; 17.776 na de Lugo; e 10.988 na de Ferrol.

POSITIVIDADE

Galicia levou a cabo desde o inicio da pandemia 2.66.947 probas PCR, 5.298 delas nas últimas horas. En canto á taxa de positividade das PCR, descende ata o 10,9%, aínda moi por encima do 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...

Rexeitamento da Deputación de Lugo á instalación da planta Altri en Palas

A Deputación de Lugo manifestou a súa oposición á planta de Altri no municipio...