InicioMedioambiente e PatrimonioA Deputación adxudica o desbroce das estradas provinciais de 55 concellos

A Deputación adxudica o desbroce das estradas provinciais de 55 concellos

Estas obras permitirán melllorar a seguridade ea comodidade dos condutores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo aprobou a adxudicación de 19 dos 24 lotes nos que se divide o contrato para o desbroce de 4.200 quilómetros da rede viaria provincial. En concreto adxudicáronse os traballos de roza en estradas de 55 concellos da provincia, por un importe de 1,7 millóns de euros.

En canto aos 5 lotes restantes, que afectan a 12 concellos, a previsión é que se aprobe a adxudicación na Xunta de Goberno na vindeira semana. Estes traballos, que mellorarán a seguirdade e a comodidade dos condutores, comezarán neste mes.

“En total destinaremos á roza de estradas provinciais máis de 2,5 millóns de euros, un investimento moi importante, que responde ao compromiso da Deputación de Lugo de mellorar a seguridade na rede viaria provincial, evitando que a vexetación dificulte a evacuación das augas de escorrentía ou afecte á seguridade dos usuarios”, explicou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto.

OUTRAS INICIATIVAS PARA A MELLORA DAS ESTRADAS

A Xunta do Goberno tamén aprovou o proxecto de licitación de novas obras para a mellora da estrada LU-P-5705, entre o concello de Sarria e O Páramo, cun investimento de preto de 90.000 euros.

Por outra banda, a Deputación tamén acordou licitar o contrato para a adquisición dunha pá cargadora de rodas para realizar a limpeza da calzada. Este vehículo incorporarase á maquinaria do Parque Móbil da Deputación

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...