InicioSociedadeA provincia de Lugo suma outros 55 casos e tres novas persoas...

A provincia de Lugo suma outros 55 casos e tres novas persoas ingresadas

A taxa de positividade da área - 8,7% -está lonxe do limiar que marca a OMS para dar por controlada a pandemia - 5% -.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos na área de Lugo-Monforte-A Mariña sitúase en 1.139 pacientes contaxiados – 77 menos ca na xornada anterior – , de maneira que se mantén como a terceira área con máis casos logo de Vigo e A Coruña. Segundo consta nos datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do venres, Lugo suma outros 55 novos contaxios nas últimas 24 horas.

Aínda así, a Xunta mantén a súa política de evitar ofrecer os positivos activos que hai en cada concello, proporcionando os casos novos localizados nos últimos 14 días. E ofrece cifras sobre incidencia en proxección a 100.000 habitantes non concretas, senón aproximadas.

Por primeira vez, a Xunta de Galicia ofrece este sábado datos municipais, unha información que negou ao longo da pandemia. Aínda así, Sanidade só ofrece os casos localizados nos últimos 14 díaz e non indica cifras concretas (senón aproximadas). sobre incidencia a 100.000 habitantes. Desta maneira, tal e como se desprende do mapa da Consellería na última actualización, sábese que os concellos máis afectados da provincia son o de Lugo, que conta con 331 casos activos, o de Vilalba, con 186; o de Sarria con 40; o de Burela con 39 e o de Guntín con 22.

No que respecta ás hospitalizacións, Lugo é a área onde máis aumentan os ingresados en centros hospitalarios, con tres persoas máis no HULA. Así pois, o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende 31 pacientes en planta e cinco na UCI; o da Mariña coida de 8; e o de Monforte, de 5.

Por outra banda, no histórico da provincia documéntanse 117 falecementos relacionados coa pandemia, o que supón dous máis ca na xornada anterior. Ademais, ata o momento curáronse 4.576 pacientes e fixéronse 96.613 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 759 probas.

GALICIA

No conxunto de Galicia detectáronse 561 novos positivos por COVID-19 en 24 horas, máis dun centenar menos que o día anterior, co que rompe a tendencia á alza observada nas últimas dúas xornadas. Isto é así grazas aos descensos que rexistraron a maioría de área sanitarias, fóra de Vigo e A Coruña-Cee, que subiron lixeiramente, e Pontevedra-O Salnés, que se mantivo.

Todos estes casos xurdiron por mor da realización de 7.089 PCR realizadas en 24 horas, unhas 200 máis que o día anterior e que situaron o total desde o inicio da pandemia en 840.867 probas. Iso si, a positividade baixou considerablemente, ata o 8,6%.

Con todo, Galicia atópase lonxe do limiar do 5% marcado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. Todas as áreas sanitarias superan esta porcentaxe, con Pontevedra liderando co 13% de positividade, seguida de Ferrol (10,4%), Vigo (9,6%), Lugo (8,7%), Santiago (7,5%), Ourense (6,7%) e A Coruña (5,2%).

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...