InicioSociedadeCase todos os concellos da contorna de Lugo capital están en alerta...

Case todos os concellos da contorna de Lugo capital están en alerta amarela

En Outeiro de Rei, Castroverde, O Corgo e Guntín detectáronse entre 7 e 14 casos na última semana. Sarria entra na listaxe de municipios en nivel de alerta laranxa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo non rexistra cambios na listaxe de concellos en alerta vermella por incidencia de coronavirus nos últimos sete días. Mantéñense neste grupo Vilalba, Cervo, Viveiro, Burela, Chantada e Lugo capital. Arredor deste último, o mapa de cores que ofrece a Xunta tínguese de amarelo; isto é, case todos os municipios limítrofes co concello de Lugo están en alerta amarela.

Outeiro de Rei, Castroverde, O Corgo e Guntín presentan datos que os colocan neste nivel 1 de alerta. Nestes lugares detectáronse entre 7 e 14 casos positivos na última semana. De entre os concellos lindeiros coa capital, só se libran Friol e Castro de Rei, que seguen sen ter activa ningunha alerta.

Amais destes municipios, tamén teñen alerta amarela Monterroso, Palas de Rei, Carballedo, O Valadouro e Foz.

En cambio, no grupo de concellos con alerta laranxa (entre 14 e 21 casos nos últimos sete días) permanece Monforte e súmase Sarria.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...