Antas de Ulla, cada vez máis preto de albergar o “macroparque central de Galicia”

A Deputación provincial vén de anunciar a compra dun segundo grupo de parcelas que sitúa en 2022 as estimacións de ter rematado o complexo.

Escultura da águia nas Costas do Parque (Guido Álvarez Parga)
Escultura da águia nas Costas do Parque (Guido Álvarez Parga)

Novo paso adiante para conformar un marcroparque no concello de Antas de Ulla. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar na mañá deste martes, a compra dunha segunda remesa de parcelas que achega á realidade o plan de crear o “parque central de Galicia”. As terras, divididas en catro seccións, supoñen unha extensión conxunta de 12.899 metros cadrados.

Segundo explicou o órgano provincial, o paso adiante logo será seguido dunha terceira compra que poñerá fin á acumulación de parcelas e dará espacio, á fin, para botar adiante o proxecto. Tomé destacou que a venda da derradeira finca “xa está acordada”, quedando tan só queda que os propietarios da finca resolvan cuestións relacionadas con herdanzas familiares. En total, a Deputación investiu uns 120.000€ para a compra das seis fincas.

Deste xeito, o “Parque Central de Galicia” contará con seis parcelas cunha extensión total de 20.466 metros cadrados. A primeira finca adquiriuna no mes de xuño e conta con 4.343 metros cadrados; as catro que comprou hoxe teñen unha superficie conxunta de case 13.000 metros; e a última pendente, de 3.220 metros cadrados.

Unha vez comprada esta última parcela, a Deputación anuncia redactará o proxecto de acondicionamento e “posta en valor” do que califican como “un gran espazo público de lecer e natureza” que estaría situado no centro xeográfico de Galicia, no lugar de Nugallás. A previsión da institución é ter a actuación rematada no 2022.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here