InicioSociedadeLugo mantén a tendencia á baixa e conta outros tres infectados menos

Lugo mantén a tendencia á baixa e conta outros tres infectados menos

O número de casos no conxunto de Galicia descende a 732.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade vén de informar que a área sanitaria de Lugo mantén 41 casos activos de coronavirus, o que supón un descenso de tres persoas respecto da xornada de onte, sábado, cando se rexistraban 44 infectados.

Deles, unha persoa permanece na Unidade de Coidados Invensivos do HULA, igual ca nestes días anteriores. Outra está en planta (unha menos ca onte) e outras 39 en corentena nos seus domicilios (dúas menos ca onte).

No histórico ata o día de hoxe, o Sergas conta 27 falecementos, 880 altas e un total de 948 casos totais na provincia (tendo en conta as mortes e mais as altas).

GALICIA

O número de casos activos de coronavirus COVID-19 no conxunto de Galicia descende a 732, o que supón 17 menos que este sábado, mentres que os pacientes curados aumentan a 9.958, o que implica 22 máis que a xornada pasada.

Así o constatan os datos actualizados este domingo pola Cosellería de Sanidade, que tamén precisan o aumento de número de pacientes ingresados na UCI ata os 4, un máis que onte. Mentres tanto, 33 seguen noutras unidades de hospitalización e 695 en seguimento domiciliario, datos que descenden con respecto ao sábado.

Segundo as cifras deste domingo, en Galicia hai 9.958 pacientes curados, fronte aos 9.936 contabilizados onte. E as vítimas mortais mantéñense en 616 desde o sábado. Co falecemento dunha muller de 82 anos que permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) rompeuse coa tendencia rexistrada en Galicia desde o martes, día no que se contabilizara a última vítima do coronavirus.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...