InicioSociedadeSeguen baixando os casos de COVID-19 na provincia ata os 44

Seguen baixando os casos de COVID-19 na provincia ata os 44

O conxunto de Galicia mantén 740 persoas infectadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informa que a área sanitaria de Lugo rexistra este sábado, 30 de maio, un total de 44 casos activos de coronavirus, o que supón un novo descenso con respecto á xornada deste venres, cando Lugo sumaba 49 casos. Ademais, a Unidade de Coidados Intensivos do HULA atende unicamente un paciente con COVID-19, igual ca onte.

O reconto oficial fala de dúas persoas en hospitalización no HULA e 41 persoas no domicilio. No histórico da provincia, o Sergas sinala que xa se recuperaron 877 persoas que pasaron a doenza. Non hai novidades no número de vítimas mortais (27), que se mantén invariable dende hai máis de tres semanas.

DATOS EN GALICIA

No conxunto de Galicia, o número de casos activos de coronavirus COVID-19 descendeu a 749, o que supón 23 menos que este venres, mentres que os pacientes curados aumentaron a 9.936, o que implica 40 máis que a xornada pasada.

Así o constatan os datos actualizados este sábado pola Cosellería de Sanidade, que tamén precisan o descenso de número de pacientes ingresados na UCI ata os 3, mentres que 36 seguen noutras unidades de hospitalización e 710 en seguimento domiciliario.

As vítimas mortais mantéñense en 615, os mesmos que se contabilizaban o xoves. Nesta xornada, Sanidade tamén informou do total de PCR realizadas ata a data, 141.331 en toda Galicia, 1.106 máis que o venres, cando se contabilizaban 140.225.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....