Sánchez anuncia que a partir do 2 de maio se poderá saír pasear e facer deporte individual

O Goberno aprobará o martes un plan de desconfinamento, que dirixirá o Executivo e será asimétrico.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en rolda de prensa tras a primeira reunión do consello de ministros do Goberno de coalición de PSOE e Unidas Podemos na XIV Lexislatura, en Madrid (España), a 14 de xaneiro de 2020.. Eduardo Parra - Europa Press

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que a partir do 2 de maio se poderá saír para facer deporte de forma individual e dar paseos coas persoas coas que convivamos se “a evolución da epidemia é favorable”.

Durante unha comparecencia na Moncloa, Sánchez tamén avanzou que o martes o Consello de Ministros presentará un plan de descalada para todo o mes de maio que será “gradual” e “asimétrico”, dependendo de cada territorio, un plan no que leva tres semanas traballando que está baseado no criterio dos expertos.

“Non imos recuperar de golpe toda a actividade e mobilidade social. Ímolo facer por etapas“, indicou Sánchez, quen aclarou que deberá estar coordinada coas mesmas regras. “A máxima será unha: entramos xuntos e imos saír xuntos como país”.

“Esta segunda etapa de transición está tan infestada de riscos e perigos como a primeira. Non dispomos dun manual infalible”, resaltou o presidente do Goberno.

Toda a información en Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here