InicioMedioambiente e PatrimonioOs montes veciñais, un modelo de xestión forestal que garante a biodiversidade

Os montes veciñais, un modelo de xestión forestal que garante a biodiversidade

O modelo comunitario é chave para garantir a sustentabilidade dos recursos e reducir o risco de incendios. Científicos avisan de que, “a longo prazo, o abandono dos usos tradicionais conduce a unha simplificación e homoxeneización do mosaico da paisaxe rural”. Galicia conta con máis de 3.312 comunidades de montes veciñais en man común que abarcan a cuarta parte do territorio e case a metade da superficie arborada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

En Galicia hai 3.312 comunidades de montes veciñais en man común que ocupan unha superficie dunhas 665.000 hectáreas, a cuarta parte do territorio galego e case a metade da súa superficie forestal arborizada. Así o expoñen os datos do primeiro Anuario de Estatística Forestal de Galicia, editado pola Xunta a través da Consellería do Medio Rural, con datos actualizados a 2018.

Estamos ante un caso singular en España, onde esta forma de xestión comunitaria dos montes forma parte do acervo cultural dos galegos; unha tradición que garante a conservación da biodiversidade. Así o afirma un estudo de científicos adscritos ao Institut de Ciència i Tecnologia Ambientals de la Universitat Autònoma de BarcelonaDepartamento de Biología de Universidad Autónoma de MadridCentro de Investigación en Biodiversidad y Cambio Global (CIBC-UAM) de Madrid e Institució Catalana de Recerca i Estudis Avançats (ICREA).

Segundo estes expertos, a xestión comunitaria de terras baseada é “útil para o mantemento de ecosistemas diversos e de alto valor ecolóxico”, ata o punto de que se demostrou que “o abandono dos sistemas comunitarios tradicionais afecta negativamente a biodiversidade” e “aumenta o risco de incendios”. É por iso polo que o modelo comunitario preséntase como unha garantía para a sustentabilidade dos montes galegos. De feito, comprobouse que “a propiedade tradicional baseada na comunidade superponse con áreas ricas en biodiversidade”.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...