Dez chaves para entender o coronavirus e non caer no alarmismo

Resolve as dúbidas María José Pereira, xefa do Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Hospital da Coruña.

Persoas con máscaras nun autobús urbano | Miguel Núñez (XdV)

Son moitos os bulos que rodean esta nova enfermidade e iso aumenta a alarma entre a poboación. Os recontos diarios de novas persoas afectadas xeran nerviosismo, pero o certo é que o Coronavirus ten un grao de letalidade moito menor que outras epidemias e que a propia gripe común. Ademais, o seu nivel de contaxio non é dos máis altos: o Coronavirus adoita aloxarse nas gotas de saliva de tamaño medio, de maneira que se nos posicionamos a un metro ou metro e medio do noso interlocutor, esas secrecións que producimos ao falar e que poderían conter Coronavirus caerán ao chan e non chegarán a nós.

Fronte aos interrogantes e fronte ao descoñecido, a xefa do Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública do CHUAC, María José Pereira, resolve dez dúbidas. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here