InicioEconomíaLugo é unha das provincias que máis medrou en riqueza empresarial

Lugo é unha das provincias que máis medrou en riqueza empresarial

Segundo salienta un informe do Consorcio Zona Franca de Vigo, a comarca da Ulloa foi a que mellor evolucionou nas últimas dúas décadas no valor engadido bruto empresarial

PUBLICADA O

- Advertisement -

Malia á contrastada tendencia de concentración de riqueza nas principais cidades de Galicia, a comarca máis dinámica das últimas dúas décadas é a que está situada no centro xeográfico da comunidade: A Ulloa. É o dato máis salientable do informe que vén de presentar o servizo de información empresarial Ardán, dependente do Consorcio Zona Franca de Vigo (CZFV).

Tal e como reflicte o informe –que recolle a evolución do valor engadido bruto empresarial (VAB) entre 1994 e 2015–, Lugo é a segunda provincia que máis progresou: un 173 por cento, lonxe do liderado da Coruña, que mellorou un 524 por cento, case o dobre do global. No mesmo período, o Produto Interior Bruto (PIB) galego aumentou en 128 puntos porcentuais. Isto implica que o tecido empresarial con sede social en Galicia xerou máis do dobre de riqueza ca o resto de sectores.

A Ulloa, cun peso no valor engadido empresarial inferior ao 1 por cento, foi a comarca que máis medrou (700 por cento), por diante da Coruña (697) e Terra de Trives (600). Todas as comarcas galegas incrementaron o seu VAB agás Viana do Bolo (Ourense), por mor da súa localización, segundo precisou a delegada do Estado no CZFV, Teresa Pedrosa.

Outro fito positivo para a provincia de Lugo é o aumento nos indicadores Ardán de boas prácticas empresariais, pois aumentou un 28 por cento dende 2006, ata os 174 indicadores. Aínda que lonxe do eixo atlántico, o crecimento sostido da innovación e a competitividade permitiron acurtar distancias con A Coruña e manter o terceiro posto nas mellores empresas galegas.

Porén, a provincia está á cola en grandes empresas, aquelas cunha facturación por enriba de 50 millóns. Tan só o 0,4 % das entidades lucenses entra nesa categoría, o que supón a metade da media galega. E unicamente 82 empresas contan con máis de 50 empregados.

 

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...