InicioComarca da FonsagradaNegueira de MuñizNegueira de Muñiz leva máis dunha semana sen médico

Negueira de Muñiz leva máis dunha semana sen médico

O rexedor socialista di que isto é debido "aos drásticos recortes que sobre toda a Montaña na atención primaria" por parte da Xunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alcalde socialista de Negueira de Muñiz, José Manuel Braña Pereda denunciou que o Concello leva mais dunha semana sen medico. “É o máis grave é que a situación non vai mellorar nas vindeiras datas, xa que nos confirmaron que tampouco haberá facultativo para atender aos doentes o vindeiro luns. Polo tanto todos os pacientes terán que ser atendidos no PAC de Fonsagrada cos conseguintes custos económicos e inconvintes de mobilidade para a veciñanza”, criticou.

Nestes intres a atención no cetro de saúde Negueira de Muñiz realizase durante dúas quendas, concretamente hai asistencia médica os luns e xoves de cada semana no ambulatorio, e ademais, o médico fixo que asistía aos pacientes foi trasladado a Lugo e actualmente os cambios son continuos. “Pero novamente a veciñanza do rural e da Montaña Lucense é máis prexudicada polos recortes do PP en atención sanitaria. Levamos máis dunha semana sen médico e sen enfermeiro e aquí non pasa nada e ninguén responde as nosas demandas”, advertiu o rexedor.

“En lugares como o noso, un pequeno concello da Montaña lucense cunha poboación altamente envellecida, evidenciase de xeito moi latente os drásticos recortes que estamos sufrindo toda a Montaña na atención primaria”. Nesa liña argumentou que “o modelo do PP e de Feijóo son os recortes e o conformismo”.

Por iso advertiu “cada día que falte o médico ou o sanitario correspondente no ambulatorio de Negueira de Muñiz denunciareino publicamente para que todo o mundo coñeza a calidade das políticas que impulsa o PP na Montaña, que non é outra que deixar sen médico aos nosos veciños. Esta é a verdadeira lexislatura de rematar co rural”, sentenciou Braña.

ÚLTIMAS

“Situación moi complicada” na provincia de Lugo por choivas torrenciais, con inundacións en rúas da capital

Meteogalicia --dependente da Consellería de Medio Ambiente-- avisou dunha "situación moi complicada na maior parte da...

Lugo mellora os datos de reciclaxe e aposta por ampliar a compostaxe doméstica

A reciclaxe de envases lixeiros propios do colector amarelo aumentou na cidade de Lugo...

O TSXG avala que H&M cambiase a cea de empresa de Nadal por un almorzo na súa tenda de Lugo

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou que a...

O PP de Lugo lanza un QR para denunciar a “falta de xestión” do Goberno local

O Grupo municipal Popular de Lugo colocou un QR nunha das xanelas da súa...