InicioSucesosInterceptados en Lugo tras realizar unha competición en pleno centro de Lugo...

Interceptados en Lugo tras realizar unha competición en pleno centro de Lugo e ir borrachos

Conducían de forma temeraria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo interceptaron nas últimas horas a dous condutores que circulaban de forma temeraria, con velocidade excesiva e facendo ‘trompos’, e que deron positivo no test de alcoholemia.

Segundo informaron fontes policiais, unha patrulla detectou sobre as 2,10 horas desta madrugada a dous vehículos que circulaban pola Avenida de Madrid, no que parecía unha competición de velocidade. Un dos condutores fixo un ‘trompo’ nunha glorieta e ambos saltaron o semáfoto en vermello na rúa San Roque con Hermanitas.

A continuación entraron na Praza de Catasol, onde foron interceptados polas patrullas do 092. Os axentes observaron que os condutores presentaban signos de embriaguez, polo que lles fixeron o test de alcoholemia, que arroxaron resultados positivos de 0,55 e 0,40 mg/l.

Por estes feitos inmobilizáronse ambos os coches e tramitáronse senllas denuncias: o condutor coa taxa de alcoholemia máis elevada enfróntase a multa de ata 1.000 euros e retirada de 6 puntos do carné, mentres que o outro pode recibir unha multa de 500 euros e perder 4 puntos do permiso de conducir.

CONDUTORA SEN CARNÉ

Por outra banda, a Policía Local de Lugo tamén informou da identificación dunha condutora que circulaba sen permiso de conducir, xa que o perdeu por perda total dos puntos.

A muller foi detectada no polígono industrial das Gándaras e, como autora dun suposto delito contra a seguridade viaria, enfróntase a penas de 3 a 6 meses de prisión ou traballos comunitarios. A Policía Local tramitou dilixencias para un xuízo rápido.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...