InicioEconomíaAgromuralla sumarase a unha folga de entrega de leite a partir do...

Agromuralla sumarase a unha folga de entrega de leite a partir do 15 de decembro

"Queremos reverter esta situación caótica na que esta sumido o sector", apunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo lucense de gandeiros Agromuralla anunciou que se suma a unha folga, convocada no ámbito nacional, de entrega de leite polos baixos prezos que se abonan por parte da industria.

A través dun comunicado, este colectivo precisou que, tras unha reunión en Valencia de Don Juan (León), o pasado 3 de decembro, distintos colectivos gandeiros de toda España decidiron “ante a grave situación que atravesa o sector lácteo neste país, a única opción que queda, é a folga indefinida de entregas”.

Ademais, apunta que “esta é a medida máis dura que pode adoptar un gandeiro, pero á vez, é a única que pode reverter esta situación caótica na que esta sumido o sector”. “O leite é noso e os únicos que se enriquecen con el son os que a compran”, subliñan.

O paro, aclararon, “será indefinido no tempo, non deixando circular polas estradas nin unha soa cisterna de leite”. “Non queremos prexudicar aos transportistas, que nos consta que o están pasando tan mal como nós pois as industrias os teñen igual de asfixiados en prezos pero non podemos deixar que se mova un só litro de leite en España neses días de folga”, avanzaron.

CUBRIR GASTOS DE PRODUCIÓN

Por parte de Agromuralla emprazaron aos gandeiros a que “non asinen contratos que non cubran os custos de produción, posto que así o marca a Lei de Cadea Alimentaria, sendo ilegal que as industrias nos obriguen a asinar contratos que atentan contra a devandita lei”.

Como mínimo reivindican que se lles pague polos prezos de produción, un “custo estimado en máis de 41 céntimos antes do 15 de decembro, na data que se determinará en seguintes reunións, os gandeiros de leite irán á folga”.

ÚLTIMAS

Un patinete eléctrico e un ciclista feridos tras chocar con coches

Un condutor dun patinete eléctrico e un ciclista resultaron feridos na mañá deste luns,...

Excarcerado un condutor tras saír da vía co seu vehículo en Begonte

Un condutor tivo que se excarcerado tras saír da vía co seu turismo na LU-541,...

A Deputación de Lugo lanza unha aplicación gratis de emprego para conectar oferta e demanda na provincia

A Deputación de Lugo lanzou unha aplicación de móbil gratuíta co obxectivo de facilitar o contacto...

“Situación moi complicada” na provincia de Lugo por choivas torrenciais, con inundacións en rúas da capital

Meteogalicia --dependente da Consellería de Medio Ambiente-- avisou dunha "situación moi complicada na maior parte da...